El tiempo
domingo. 02.04.2023
El tiempo

Baixan os positivos a 442 en Galicia e seguen en descenso os casos activos

As persoas falecidas con covid-19 sitúanse en 1.069

Os contaxios de covid-19 en Galicia seguen en descenso con 444 detectados con respecto ao domingo, 442 positivos deles confirmados por PCR nas últimas 24 horas, mentres que os casos activos seguen en caída e sitúanse en 9.110. 

Así se desprende dos datos actualizados este luns pola mañá na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras até as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, nos que se constata que a área da Coruña e Cee suma 104 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 92 na de Vigo; 71 na de Lugo; 63 na de Santiago e Barbanza; 48 na de Pontevedra e O Salnés; 36 na de Ourense e 28 na de Ferrol. 

En canto aos casos activos, baixan en todas as áreas sanitarias galegas, salvo na da Coruña e Cee, na que se incrementan a 1.840, o que supón 20 máis que este domingo. 

Por contra, descenden na de Vigo até os 2.361 -81 menos que este domingo-; a 1.233 na de Pontevedra e O Salnés -34 menos-; a 1.042 na de Lugo -20 menos-; 1.036 na de Santiago e Barbanza -cinco menos-; a 812 na de Ourense -13 menos- e a 786 na de Ferrol -55 menos-. 

Até a data rexistráronse 45.806 contaxios de covid-19 na Comunidade galega e curáronse 35.628 pacientes, o que supón 625 máis que os rexistrados este domingo.

FALECIDOS E PCR. Galicia acumula até o momento 805.044 PCR realizadas, o que implica 7.046 máis que as contabilizadas até este domingo e levou a cabo 411.071 probas serolóxicas, 304 máis que a xornada anterior. 

As persoas falecidas con covid-19 en Galicia sitúanse en 1.069, após notificar na tarde deste domingo Sanidade sete vítimas mortais, cinco delas relacionadas con usuarios de residencias de maiores. 

Baixan os positivos a 442 en Galicia e seguen en descenso os casos...
Comentarios