Baralla, Becerreá, Guntín e O Carballiño, epicentros de pequenos terremotos

Catro sismos foron rexistrados nos últimos días na comunidade

Seísmo registrado en Guntín.  IGN
photo_camera Seísmo registrado en Guntín. IGN

Catro terremotos de baixa intensidade, ningún por encima de 2,5 graos na escala Richter, rexistráronse desde o xoves en Galicia.

O primeiro deles tivo como epicentro Baralla. Foi de de 2 graos e produciuse ás 12.13 horas. Seguiulle outro de 2,5 en Becerreá o sábado ás 8.30. Ambos apenas se deixaron sentir na zona coñecida como o triángulo sísmico lucense, que abarca tamén os municipios próximos de Triacastela e Sarria.

Na provincia de Ourense tamén se rexistrou outro pequeno tremor o sábado ás 13.59 horas, segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional: foi no Carballiño e de 2,1 graos.

O último municipio en tremer foi o de Guntín de Pallares, outra vez en Lugo, o sábado pouco despois das 23.00 horas e cunha intensidade de 2,3.

Comentarios