lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

O BNG presenta unha candidatura "con experiencia" e "enriquecida" para o 5-A

Consello Nacional do BNG celebrado este sábado. XOÁN REY (EFE)
Consello Nacional do BNG celebrado este sábado. XOÁN REY (EFE)
O Consello Nacional do Bloque aproba as listas, que incorporan a Alexandra Fernández e a Mercedes Queixas

O Consello Nacional do BNG deu luz verde este sábado ás candidaturas para o 5 de abril, encabezadas polos actuais parlamentarios nacionalistas no Hórreo e con incorporacións como a da exdeputada de En Marea Alexandra Fernández —número 3 de Pontevedra— e a escritora Mercedes Queixas, que ocupa o mesmo posto pola Coruña.

Como xa se anunciara, a candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, encabeza a candidatura pola Coruña; Olalla Rodil, a de Lugo Luís Bará, a de Pontevedra, e Noa Presas, a de Ourense. Ademais, os tamén deputados Xosé Luís Rivas e Montse Prado son os números dous pola Coruña e Pontevedra. O Bloque recupera nas súas listas á exdeputada no Congreso Rosana Pérez, para o cuarto posto pola Coruña.

Consulta aquí as listas completas

Pontón asegurou que a configuración das listas presentadas este sábado evidencia unhas "candidaturas de excelencia" conformadas por "un grupo que funciona" pero que hai que "melloralo e enriquecelo" con algunha das incorporacións como a de Alexandra Fernández e que, ao seu xuízo, "dá mostra da capacidade do BNG para seguir sumando".

Así mesmo, o BNG tamén aprobou este sábado o seu programa electoral, que presenta como un "auténtico programa de goberno" para pedir o apoyo de la mayoría social que quiere un "cambio galego".

Pontón asegurou que a proposta coa que concorre o BNG aos comicios é un "programa con solucións e políticas autocentradas, porque sabemos que de nada vale o copia e pega doutros lugares, nin encher páxinas con promesas que no se poidan verificar". Defende así "unha propuesta de gobierno pensada para poñer en marcha unha nova Galicia: unha Galicia produtiva, innovadora, social, feminista, ecoloxista e empoderada".

O BNG presenta unha candidatura "con experiencia" e "enriquecida"...
Comentarios