lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

O BNG sitúase como o partido para "rebelarse" contra o "pasotismo" do Estado

Ana Pontón, en Allariz. BRAIS LORENZO (Efe)
Ana Pontón, en Allariz. BRAIS LORENZO (Efe)
Ana Pontón comprométese a "defender os intereses dos galegos" e critica "ós que se conforman con darlle acento galego" ás súas propostas 

A líder nacionalista, Ana Pontón, situou ao Bloque como o partido que a cidadanía debe votar para "rebelarse" contra o "pasotismo" e o "agravio" que o Estado efectúa contra Galicia. 

Este venres no municipio ourensán de Allariz, Pontón trasladou aos asistentes ao mitin que o BNG "é a única forza política coas mans libres para dar a cara polos galegos" e "a única que nunca lle fallou a este país". 

O "obxectivo" e "compromiso" dos nacionalistas pasa por "darlle voz propia a Galicia" e, en consecuencia a Ourense, "para defender" os intereses da cidadanía galega, mentres que "outros se conforman con darlle acento galego" e despois deciden "pactar con Pedro Sánchez e votar a favor do peores orzamentos do Estado para Galicia en vinte anos", engadiu a portavoz nacional do BNG en alusión a Unidas Podemos

Respecto deles tamén dixo que "van de nova política" e, con todo, "faltoulles tempo para facer o que o vello bipartidismo de sempre: discriminar e ningunear" a Galicia. 

Fronte a isto, Pontón destacou a "capacidade do BNG para transformar en positivo e mellorar a vida das persoas". Unha proba diso é, a xuízo da deputada galega, o candidato ao Congreso por Ourense e alcalde de Allariz, Paco García, que "é un experto en transformar en positivo e mellorar a vida da veciñanza".

OURENSE NA AXENDA ESTATAL

Extrapolou o "bo facer" do primeiro edil no seu concello "ó que fará para toda a provincia colocando a Ourense no centro da axenda política do Estado, facéndose valer ante o Goberno" central.

"Paco García non vai ir a Madrid para estar calado, el non vai formar parte desa procesión dos caladiños de 23 deputados electos (o número total de representantes galegos que hai no Congreso) que non abriron a boca, salvo para defender as discriminacións dos seus xefes de fila madrileños", apostilou.

Entre as principais "urxencias" que convén resolver en Ourense atópase a "crise demográfica" e o "déficit en infraestruturas". Solucionar os problemas da intermodal, pór fin ao "tarifazo do avant", propostas a favor do rural, reactivar os sectores produtivos para xerar emprego e atraer xente nova son as "prioridades" que o BNG trasladará ao Congreso sobre a provincia.

TREN OURENSE-LUGO 

Para os nacionalistas "a comunicación por tren entre Ourense e Lugo" tamén resulta obxecto de crítica, xa que "é un traxecto case imposible por tempos e horarios".

Ana Pontón realizou estas declaracións na mesma xornada na que a ministra de Economía e Empresa, Nadia Calviño, explicou en Lugo que o Consello de Ministros aprobou este xoves a licitación de parte das obras que unen ambas as cidades, en total, "100 millóns de euros" para posibilitar que as probas da AVE se realicen en 2020.

O BNG sitúase como o partido para "rebelarse" contra o "pasotismo"...
Comentarios