Un boneco de Ferreiro nun debate acende as municipais en A Coruña

O rexedor non acudiu a un debate organizado por Ascega, que colocou un boneco coa súa imaxe nunha cadeira baleira

Debate de Ascega con un Ferreiro de trapo. TWITTER
Debate de Ascega con un Ferreiro de trapo. TWITTER

A campaña das municipais en A Coruña arrinca este venres coa polémica xa servida pola non asistencia do alcalde herculino, Xulio Ferreiro, a un debate organizado por Ascega (Asociación de Emprendedores de Galicia) co resto de candidatos.

No seu lugar, Marea Atlántica enviou ao edil Alberto Lema, pero a organización, que só convidara aos cabeza de lista, non lle deixou intervir. Cando xa estaban o resto de participantes nas súas cadeiras, un dos organizadores colocou nunha cadeira baleira un boneco de trapo cunha cartolina coa cara de Ferreiro e unha camisa a cadros das que adoita empregar o rexedor.

Lema abandonou o recinto e todos os grupos da oposición coincidiron en lamentar o sucedido. No entanto, os aspirantes a alcaldía tamén lamentan que Ferreiro non acudise ata agora a varios debates organizados por asociacións da cidade.

O alcalde, pola súa banda, reaccionou con ironía: "Moitas grazas a Ascega pola homenaxe desta mañá. A camisa é chula, pero non a teño aínda no armario".

Comentarios