A borrasca Helena provoca caída de árbores, desprendementos e inundacións 

Rexistráronse 165 incidencias na comunidade durante a mañá deste venres

Una máquina quitanieves retira nieve de la autovía A-52 a su paso por el municipio orensano de A Gudiña. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Un operario coloca chapas arrancadas polo vento na rúa Blanco Amor. GONZALO GARCÍA

O 112 Galicia xestionou 284 incidencias entre as 7.00 e as 18.00 horas deste venres relacionadas coa meteoroloxía adversa, a maioría por caída de árbores sobre a rede viaria. Desde as 12.00 horas houbo 119 incidentes.

A provincia da Coruña foi a máis afectada, con 52, seguida de Pontevedra con 33, Lugo con 24 e Ourense con 8. Santiago, Bergondo, A Coruña, Becerreá, As Nogais, Vigo e Vilagarcía foron algúns dos municipios máis afectados. Tamén houbo varios accidentes de tráfico.

En Guitiriz una embarazada foi trasladada a un hospital tras unha colisión entre dous coches na A-6 e en Taboada outra resultou ferida nunha saída de vía.

CLASES SUSPENDIDAS. Por mor desta temporal a Xunta decidiu suspender a actividade lectiva este venres, día 1 de febreiro, nas zonas da montaña de Lugo e Ourense afectadas por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros. En Lugo non só quedaron sen clase os 800 alumnos da zona da Montaña, senón que tamén viron afectados colexios doutros municipios, como Monterroso, Guitiriz ou Antas de Ulla.

Comentarios