O brote de Betanzos suma un novo positivo e o total ascende a dez

Das 60 probas realizadas o xoves só unha deu positiva
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Probas PCR. EFE

O brote de Covid-19 de Betanzos sumou un novo positivo e o total ascende este venres a 10, informaron fontes sanitarias da área da Coruña-Cee.

O xoves fixéronse 60 probas PCR que detectaron un único positivo, o que elevou a unha decena os casos totais.

O brote afecta a catro persoas dunha familia que conviven na mesma casa e permanecen illadas e en seguimento por parte do seu médico de atención primaria. Outras dúas persoas, que non forman parte desta familia e que conviven, están tamén no seu domicilio e o seu médico de cabeceira segue o seu estado.

Coas 75 PCR que se realizaron o mércores detectáronse tres positivos. Estes e o que se suma este venres "non están vinculados coa familia" na que se detectou inicialmente o coronavirus, indicaron as mesmas fontes.

Unha vez que se fixeron probas á contorna laboral, de lecer e de deporte dos positivos, "séguense rastrexando todos os contactos estreitos e facendo estudo dos mesmos", agregaron fontes sanitarias.

Comentarios