miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Bruzos nega "controlar" o comité electoral de En Marea e pide que continúen as primarias 

David Bruzos, junto a Oriana Méndez y  otros representantes de la candidatura Entre Todas. LAVANDEIRA JR (Efe)
David Bruzos (segundo pola esquerda). LAVANDEIRA JR (EFE).

Asegura que as eleccións internas non poden ser paralizadas pola comisión de garantías

A candidatura Entre Todas, integrada polo sector crítico de En Marea, negou que exerza "control" sobre o comité electoral e reclama que siga adiante o proceso de elección do Consello das Mareas, agora paralizado por solicitude da dirección do partido instrumental en base a unha resolución do comité de garantías ante a existencia de "presuntas irregularidades" rexistradas no censo. 

A cabeza de lista de Entre Todas, David Bruzos, compareceu ante os medios arroupado por gran parte da súa candidatura nunha rolda de prensa celebrada en Santiago, onde indicou que é o comité electoral quen ten competencias sobre o proceso e que este non pode ser paralizado pola comisión de garantías. 

As votacións abríronse con "normalidade" ás 09.00 horas deste sábado, pero dúas horas máis tarde foron conxeladas por parte da empresa encargada do sistema (Agora Voting) a instancias da solicitude do representante legal ante a Axencia Española de Protección de Datos, Gonzalo Rodríguez (membro da dirección), que alega a existencia dunha "intrusión non autorizada" por parte dun membro do comité electoral. 

Bruzos nega "controlar" o comité electoral de En Marea e pide que...
Comentarios