
Polo momento, o animal está baixo o coidado dunha veciña, que decidiu levalo a unha finca da súa propiedade
O Concello de Fisterra, a Policía Local e varios veciños buscan ao dono dun burro que apareceu solto pola zona da Charca o martes.
Polo momento, o animal está baixo o coidado dunha veciña, que decidiu levalo a unha finca da súa propiedade.
O Concello pediu a colaboración dos veciños a través das redes sociais, onde unha persoa ofreceuse a adoptar o animal se non aparece o propietario e se trata dun novo caso de abandono animal. "Se non aparecen os donos, meu pais están interesados en adoptalo. Xa adoptaran outra que estaba moi velliña e pachucha e eles curárona e viviu os últimos anos da súa vida ben e tranquila", escribió una usuaria da Facebook.