Buscan o dono dun cabalo que apareceu en Vilaboa coas patas atadas

O equino, que se atopaba no lugar de Postemirón, apenas tiña movilidade 

Cabalo coas patas atadas en Vilaboa. GUARDIA CIVIL
photo_camera Cabalo coas patas atadas en Vilaboa. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil traballa para identificar e localizar o propietario dun cabalo que foi atopado nun monte de Vilaboa coas patas atadas cunha corda, unha práctica prohibida.

Segundo informou o instituto armado, unha alerta cidadá avisou da situación na que se atopaba o animal.

Axentes do Servizo de Protección da Natureza acudiron á zona, no lugar de Postemirón, e lograron liberar o cabalo das súas ataduras. O equino apenas tiña liberdade de movemento debido ás cordas que amarraban as súas patas e os axentes comprobaron, ademais, que o animal carecía do correspondente chip de identificación.

A Garda Civil formulou a correspondente acta de denuncia administrativa, que foi remitida ao servizo de Gandería da Xunta de Galicia.