martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Caballero compárase a Sánchez: "Eu non son dos que abandoan o barco"

Gonzalo Caballero. EFE
Gonzalo Caballero. EFE

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou este xoves que o Partido Socialista "aprendeu dos movementos que tentaban decapitar a secretarios xerais porque non alcanzaban vitorias en eleccións". 

O xefe de filas dos socialistas galegos lanzou esta mensaxe en referencia ao episodio vivido polo actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a súa intervención inicial no Comité Nacional do PSdeG, unha cita que a formación organizou en Santiago de Compostela para analizar os resultados das pasadas eleccións, nas que non conseguiu ampliar a súa representación ao volver obter 14 deputados. 

No seu discurso, asegurou que cumprirá á fronte do PSdeG "o mandato da militancia" até "o último día" e que tamén permanecerá o próximos catro anos como deputado no Parlamento de Galicia para cumprir co compromiso alcanzado nas eleccións. 

"Eu non son dos que abandonan o barco cando está en circunstancias adversas", sinala. Ademais, aínda que sostivo que non é o momento de falar dos próximos comicios, lembrou que só "dous candidatos" do PSdeG repetiron como aspirantes á Xunta

É o caso, segundo apuntou, precisamente dos expresidentes Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.

Caballero compárase a Sánchez: "Eu non son dos que abandoan o barco"
Comentarios