martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

Caballero cre que Feijóo recoñece cos seus cambios "o fracaso" en Educación e Sanidade

Gonzalo Caballero, en O Hórreo. LAVANDEIRA JR
Gonzalo Caballero, en O Hórreo. LAVANDEIRA JR

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considera que as substitucións nas carteiras de Sanidade e Educación son "o recoñecemento do fracaso" por parte do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, nas competencias "principais" da Administración autonómica. 

Nun comunicado emitido tras coñecerse a composición do novo goberno que acompañará a Núñez Feijóo, do que saen os ata agora conselleiros de Educación e Sanidade, o líder dos socialistas considera que os cambios "non poden limitarse ás caras" senón que teñen que supor "novas políticas" para conformar servizos públicos "fortes". 

Neste sentido, empraza ao novo equipo que dirixirá Eduación, que volve asumir Román Rodríguez nunha carteira unida ás competencias en Cultura, a elaborar unha planificación que permita arrincar o curso escolar "con garantías". 

Así mesmo, o PSdeG interpreta a creación dunha Vicepresidencia Económica como "unha perda de peso" do ata agora único vicepresidente, Alfonso Rueda. Para Caballero, a decisión de Feijóo reflicte "o fracaso" de Rueda na coordinación ao longo desta crise. 

Así as cousas, lamentou que o presidente opte por un "equipo continuista" no que repiten nove conselleiros en lugar de apostar por un "equipo con ideas, con impulso" para facer fronte ás consecuencias da pandemia. 

Ademais, botou en falta maior presenza feminina no equipo de Núñez Feijóo con cinco de doce asentos de Consello da Xunta ocupados por mulleres.

Caballero cre que Feijóo recoñece cos seus cambios "o fracaso" en...
Comentarios