Caballero traslada o seu compromiso cunha "sanidade pública, universal e gratuíta"

Acusa á Xunta de sacar adiante un protocolo que limitou a asistencia sanitaria aos maiores dependentes das residencias
Gonzalo Caballero. EUROPA PRESS
photo_camera Gonzalo Caballero. EUROPA PRESS

O secretario xeral do PSdeG e candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, trasladou este venres "o compromiso claro" do seu partido con la sanidade "pública, universal e gratuíta" como "referencia do goberno progresista que o futuro de Galicia necesita". 

Fíxoo ás portas do Hospital comarcal de Verín (Ourense) como símbolo do "lugar no que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quixo eliminar o paritorio nunha escalada de recortes que só o rexeitamento total da cidadanía galega foi capaz de paralizar". 

"Ao longo dos últimos 11 anos á fronte da Xunta, Feijóo recortou en 2.000 millóns de euros o investimento en sanidade pública, reduciu en 1.000 as camas hospitalarias, precarizó o emprego dos profesionais sanitarios e recortou servizos nos hospitais comarcais", criticou. 

O "proxecto socialista" para defender a sanidade pública pasa, segundo sinalou, por ofertar "contratos estables a todos os profesionais sanitarios dispoñibles en Galicia e facer unha aposta clara pola Atención Primaria". 

Caballero pediu á Xunta unha "explicación detallada" acerca de por "que se sacou adiante un protocolo que limitou a asistencia hospitalaria aos maiores"

Precisamente, "en Atención Primaria foi onde o presidente da Xunta recortou en máis de 1.000 profesionais, reduciu o orzamento e eliminou as fórmulas de xestión nos hospitais que permitían aos profesionais ter autonomía e proximidade coa cidadanía", censurou Gonzalo Caballero. 

"O modelo do PP baséase en esgotar e facer agonizar a sanidade pública galega", resumiu o secretario xeral do PSdeG, antes de sinalar que tras a crise do Covid-19 "a sanidade pública é aínda máis imprescindible e debe converterse no maior tesouro dos galegos".

PROTOCOLO PARA DEPENDENTES. Por outra banda, o xefe de filas dos socialsitas galegos mostrouse "moi preocupado" ao afirmar que se fixo público que existía un protocolo da Consellería de Sanidade da Xunta que daba instrucións para non trasladar a hospitais aos maiores cun alto nivel de dependencia que estaban nas residencias de Galicia" contaxiados con Covid-19. 

Neste contexto, pediu á Xunta unha "explicación detallada" acerca de por "que se sacou adiante un protocolo que limitou a asistencia hospitalaria aos maiores", un feito que cualificou de máxima "gravidade". 

Tamén botou en cara ao presidente da Xunta unha "mala xestión" da pandemia porque "a pesar do baixo nivel de circulación do virus que houbo en Galicia grazas ao confinamento, os dous grandes focos de contaxio foron as residencias de maiores e os profesionais médicos, ambos os competencia propia da Xunta de Galicia". 

Comentarios