martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Cabify comeza este venres a operar en Galicia

Protesta del sector del taxi en A Coruña contra los servicios de Uber y Cabify. AEP
Protesta del sector del taxi en A Coruña contra los servicios de Uber y Cabify. AEP

A plataforma de VTC inicia a súa expansión en A Coruña e está xa presente en sete cidades 

Cabify comeza este venres a operar en Galicia co seu servizo de vehículo de aluguer con condutor (VTC), co que a firma inicia a súa expansión cara ao norte do país. Con A Coruña, aumenta a sete o número de cidades nas que dá servizo, segundo anunciou a compañía. 

Trátase da primeira firma deste tipo que comezará a operar na cidade herculina, que se engade así ao servizo de transporte urbano que Cabify xa ofrece en Madrid, Barcelona, Málaga, Sevilla, Alacante e Valencia.  A plataforma de mobilidade inicia o servizo na cidade galega cunha cobertura de até 30 quilómetros cadrados e incluíndo zonas adicionais ao centro da capital por exemplo o aeroporto da Coruña ou o municipio de Arteixo. 

A tarifa mínima do servizo será de 5,50 euros, de 10 euros no caso de peticións de reserva, que require a contratación con dúas horas de antelación

Cabify inicia o seu servizo nesta cidade ás 6.00 horas deste venres, desde cando a aplicación móbil e a web da empresa empezan a admitir peticións de viaxe inmediatas e reservas na Coruña, que serán ofrecidas por unha frota de vehículos de gama 100% híbrida con condutor privado. 

A tarifa mínima do servizo será de 5,50 euros, de 10 euros no caso de peticións de reserva, que require a contratación con dúas horas de antelación.

CONFLITO. A finais de xullo, no medio das negociacións co Ministerio de Fomento polo conflito que afectou en maior medida a cidades como Madrid e Barcelona, o colectivo galego de taxistas sumouse a unha xornada de folga para defender as súas reivindicacións. Entón, a Xunta instou o Ministerio de Fomento a proporcionar un marco regulador "claro" sobre as licenzas de aluguer deste tipo de vehículos con condutor, de modo "que garanta os dereitos dos usuarios" e tamén "a competencia leal" entre profesionais. Así, no marco destas reunións, a Administración autonómica rexeitou "centrifugar" os problemas ás comunidades. 

Cabify comeza este venres a operar en Galicia
Comentarios