lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Calvos de Randín rexistra a temperatura mínima de Galicia

Las bajas temperaturas dejan fuertes heladas en la provincia. AMA
As baixas temperaturas deixan fortes xeadas. AMA

O termómetro chegou a marcar -8,3º

O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima de Galicia na mañá deste mércores, con -8,3ºC, nunha xornada cunha quincena de provincias en risco por temperaturas mínimas, néboa -entre elas Lugo-, vento e ondada -entre elas A Coruña-.

Segundo os rexistros de Meteogalicia até as 10.00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os termómetros situáronse baixo cero noutras localidades ourensás tamén de altitude menor a 900 metros como Verín (-6ºC) e Xinzo de Limia (-5,9ºC), mentres que na provincia de Pontevedra as temperaturas caeron até os -4,6ºC en Lalín.

En municipios con altitude maior a 900 metros os valores mínimos corresponderon na mañá deste mércores a Navia de Suarna (Lugo), con -3,3ºC; Baleira (Lugo), -2,1ºC; Vilariño de Conso (Ourense), -1,9ºC; A Veiga (Ourense), 0,1ºC, e Maceda (Ourense), 0,2ºC.

Na xornada de Ano Novo a temperatura mínima en Galicia correspondeu a Verín (Ourense), con -5,4ºC; seguido do municipio ourensán de Xinzo de Limia, con -4,3ºC; o coruñés de Ordes (-4ºC) e o lucense de Guitiriz (-3,6ºC).

Calvos de Randín rexistra a temperatura mínima de Galicia
Comentarios