Cárcere para o home que asaltou e feriu unha octoxenaria na súa casa de Salceda

A anciá sufriu cortes no pescozo, así como golpes na cabeza
Juzgados de O porriño. GOOGLE MAPS
photo_camera Xulgados do Porriño. GOOGLE MAPS

A titular do xulgado de instrución número 2 do Porriño decretou o ingreso en prisión comunicada e sen fianza dun home detido pola Garda Civil polo asalto á vivenda dunha octoxenaria en Salceda de Caselas. Está investigado por un delito de roubo con violencia e intimidación en casa habitada, segundo detallaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os feitos que se lle imputan producíronse a principios de mes en Salceda de Caselas, cando o asaltante, armado cun coitelo, produciu varias lesións á vítima. En concreto, a anciá sufriu cortes no pescozo, así como golpes na cabeza.

O home foi arrestado pola Benemérita este martes no Porriño.

Comentarios