A carreira por Podemos Galicia dispara a tensión entre Iglesias e Bescansa

A compostelá responde ás críticas do líder: "As galegas non deixamos de selo cando emigramos"

Iglesias y Bescansa. EFE
photo_camera Iglesias y Bescansa. EFE

Despois de que unha corrente de Podemos Galicia, a oficialista encabezada pola aínda secretaria xeral Carmen Santos, animase a Carolina Bescansa a presentarse ás primarias, podería parecer que a guerra entre os sectores que lideran Pablo Iglesias e Íñigo Errejón a nivel estatal pode reproducirse a nivel galego.

Con todo hai máis matices nesta batalla que se anuncia entre Bescansa e Antón Gómez-Reino, quen conta co apoio do líder do partido. E é que, aínda que a compostelá e Errejón son próximos, tamén é certo que Santos, quen impulsa agora a alternativa Bescansa, foi a candidata de Iglesias nas últimas primarias de Podemos Galicia.

En calquera caso, o que si parece evidente é que a relación entre Iglesias e Bescansa está totalmente rota. A santiaguesa mostrouse disposta a falar coa militancia galega antes de tomar unha decisión e, apenas unhas horas despois, o líder do partido morado afeoulle nun programa de televisión que leve "máis de 20 anos vivindo fóra de Galicia". Incluso recordou Iglesias que hai uns meses mostrouse disposta a concorrer nas eleccións autonómicas de Madrid.

"Eu non falo con Carolina desde que se fixo público ese documento [co que supostamente Bescansa deseñaba un plan para controlar Podemos", dixo Iglesias nunha entrevista na Sexta, na que tamén afirmou que o se mantén "neutral" e que serán os inscritos na formación os que elixan ao novo secretario xeral en Galicia.

Grazas a href= <"https://twitter.com/Podemos_Galicia?ref_src=twsrc%5Etfw">\Podemos_Galicia pensar no meu. Mañá decidiremos que facer. As galegas non deixamos de selo cando emigramos ð??? #ObjetivoIglesias<> — Carolina Bescansa (\CBescansa) 30 de setembro de 2018<>

A resposta de Bescansa non se fixo esperar: "Grazas Podemos Galicia por pensar en min. Mañá decidiremos que facer", escribiu na súa conta de Twitter, no que lanzou unha mensaxe a Iglesias: "As galegas non deixamos de selo cando emigramos". 

Comentarios