miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Casal demanda que a Xunta asuma todos os custos estruturais das universidades

Encontro telemático de Pancho Casal cos reitores. MAREA GALEGUISTA
Encontro telemático de Pancho Casal cos reitores. MAREA GALEGUISTA

O candidato de Marea Galeguista á presidencia da Xunta, Pancho Casal, defendeu este xoves que a Xunta debe asumir "o cento por cento" dos custos estruturais das universidades, como o gasto en persoal e en infraestruturas fixas que, na actualidade, custea ao 80% a Administración autonómica. 

Díxoo, en declaracións aos medios, tras manter un encontro cos reitores das tres universidades galegas. Ademais da cobertura dos gastos estruturais, Casal puxo o acento na necesidade de apostar pola investigación como vía para reter talento na comunidade, algo que "só" pode facerse con fondos públicos mantidos no tempo. 

"Todos os fondos adxudícanse por proxectos, proxectos que na Xunta de Galicia son anuais, cando no resto do Estado e en Europa son plurianuais, co cal os proxectos aquí non poden ter continuidade e non se pode consolidar estruturalmente o persoal investigador", incidiu. 

Ademais, demandou a "desburocratización" das xestións para os proxectos de investigación e que "nunca volvan pasar" situacións como que "ano tras ano" a Xunta "deixe de investir o 20%, uns 250 millóns de euros orzados por cuestións de prazos". 

Casal demanda que a Xunta asuma todos os custos estruturais das...
Comentarios