Cazan in fraganti un home que intentaba plantar lume nun monte de Cangas

Axentes ambientais da Consellería de Medio Ambiente sorprenderon "in fraganti" pasadas as 20.00 horas do sábado un home que estaba a prender lume na parroquia de Coiro, en Cangas, segundo informou este domingo a Xunta nun comunicado. 

De feito, grazas a esta alerta e á rápida intervención dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais —que mobilizaron un axente, dúas brigadas e unha motobomba—, o incendio só afectou a unha superficie aproximada de catro metros cadrados de monte raso

Avisados tamén dos feitos, membros da Garda Civil desprazáronse ata o lugar para tomarlle declaración ao incendiario.