jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

A comarca ourensá da Limia rexistra un terremoto de magnitude 3,3

Zona en la que se registró el temblor. IGN
Zona en la que se registró el temblor. IGN

O tremor, a última hora do domingo, tivo o seu epicentro en Sarreaus

O municipio ourensán de Sarreaus rexistrou a última hora do domingo un terremoto de 3,3 graos que notaron decenas de veciños da comarca da Limia. 

O epicentro localizouse a 12 quilómetros de profundidade, segundo o Instituto Xeográfico Nacional, e o tremor tivo lugar exactamente ás 23.00 horas.

Xa este luns pola tarde, poucos minutos antes das 16.30 horas, tivo lugar outro tremor no cercano municipio ourensán de Vilariño de Conso. Foi de 2,5 graos.

A comarca ourensá da Limia rexistra un terremoto de magnitude 3,3
Comentarios