
A Oficina Europea de Patentes concedeu a patente ao bioproducto galego Atremorine para a prevención e tratamento da enfermidade de Parkinson, segundo informa o Centro EuroEspes.
Este bioproducto epinutracéutico "foi descuberto e desenvolvido por un equipo de científicos do Centro Internacional de Neurociencias e Medicamento Xenómico EuroEspes", explican nun comunicado.
De Atremorine, indican que é "un bioproducto extraído, por métodos biotecnológicos non desnaturalizantes, dunha cepa xenética de Vicia faba, rica en L-Dopa".
"A estrutura molecular de Atremorine é complexa e compórtase como un dador de L-Dopa e un axente neurotrófico selectivo para protexer ás neuronas dopaminérgicas que degeneran prematuramente na enfermidade de Parkinson, a segunda enfermidade neurodegenerativa máis importante en países desenvolvidos, despois do Alzheimer", engade.
Do mesmo, indica que está dirixido a persoas con patoloxías neurodexenerativas asociadas cunha diminución dos niveis de dopamina como enfermidade de Parkinson e outras síndromes do parkinson.