Condenan ao Sergas a indemnizar á filla dunha muller que morreu polo atraso nun diagnóstico

A paciente acudiu ao Chuac con un cadro de dificultade e insuficiencia respiratoria con hipotensión arterial

Entrada do servizo de Urxencias do Chuac. ARCHIVO
Entrada do servizo de Urxencias do Chuac. ARCHIVO

Un Xulgado do Contencioso de Santiago de Compostela ditou sentenza mediante a cal se condena ao Servizo Galego de Saúde a indemnizar á filla dunha paciente recentemente trasplantada de ril polos danos e prexuízos ocasionados polo falecemento da súa nai.

Os servizos xurídicos da Asociación O Defensor do Paciente en Galicia informaron nun comunicado de que a pesar de que a paciente viña sufrindo un cadro de dificultade e insuficiencia respiratoria con hipotensión arterial duns 15 días de evolución, "a única medida que tomou o Servizo de Nefrología do Chuac foi a administración dunha máscara de osíxeno, sen realizar as probas diagnósticas adecuadas encamiñadas a determinar a causa da disnea que presentaba a paciente".

NEGLIXENCIA. Na nota indícase que "tan só se lle realizou á paciente unha RX de tórax en data 13.01.12, a cal non resulta suficiente", e sinala que "debería realizarse un TAC para confirmar o diagnóstico, o que non se fixo ata que a paciente ingresou na UCI".

A sentenza, segundo a fonte informante, sinala que "o Sergas non actuou conforme á lex artis producíndose un atraso diagnóstico evidente ante unha patoloxía potencialmente letal, con sintomatología clara de bronconeumonía, non utilizándose o arsenal terapéutico posible nun hospital de terceiro nivel, sendo a infección nosocomial non diagnosticada nin tratada a que produciu o falecemento". Engade que "se a paciente fose tratada coa antibioterapia adecuada e no tempo adecuado curouse".

"O XULGADO DEVOLVEULLE A DIGNIDADE". P.C.A. de 74 anos e veciña de Ferrol (A Coruña) padecía Insuficiencia Renal Crónica Estadio V e realizaba Programa de Hemodiálise no Hospital Juan Cardona de Ferrol desde hacía dous anos e medio.

Así mesmo, estaba incluída en Lista de Espera para un Transplante de Ril no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Transplante que levou a efecto en decembro de 2011.

O Xulgado Contencioso compostelán dá a razón á filla e condena ao Sergas a indemnizala nunha suma, máis os intereses, "que a filla da falecida considera razoable, sinalando que o máis relevante é que o Xulgado lle devolveu a dignidade a pesar do falecemento da súa nai, posto que ningún caso fixérono no servizo no que estaba ingresada a pesar das queixas", segundo o avogado Cipriano Castreje que defendeu os intereses da afectada.