miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

A conexión con Madrid estará cortada do 12 ao 14 entre Pedralba e Ourense por obras

Tren en una estación. SEBAS SENANDE
Tren en una estación. SEBAS SENANDE
O traxecto realizarase en autobús

A liña de tren entre Galicia e Madrid estará cortada do 12 ao 14 de decembro no tramo Pedralba de la Pradería (Zamora)-Ourense polas obras do Ave.

Segundo informa Adif nun comunicado, habilitarase transporte por estrada para os pasaxeiros durante estas datas para que poidan viaxar en autobús. 

Adif acometerá melloras nas instalacións de control, mando e sinalización para tráficos de alta velocidade no tramo Taboadela-Ourense, á vez que executará a reordenación de vías nas estacións de Baños de Molgas e Paderne (Ourense). 

Se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes, ofrécese a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional. Se o cliente decide viaxar con transbordo en autocar, terá dereito á devolución do 20 por cento do importe do billete do traxecto afectado.

TRENS AFECTADOS E HORARIOS. De tal forma, o servizo para os días 12, 13 e 14 de decembro queda como segue. De Madrid a Galicia: o tren Alvia con saída de Madrid-Chamartín ás 7.15 horas chegará a Pontevedra ás 14.45 horas con transbordo por estrada entre Zamora e destino. 

O Alvia con saída de Chamartín ás 12.50 horas chegará a Lugo ás 19.35 horas con transbordo por estrada entre Zamora e Ourense. 

O Alvia con saída de Madrid-Chamartín ás 14,55 horas chegará a Ferrol ás 22,45 horas con transbordo por estrada entre Zamora e Ourense. 

No tocante á viaxe de Galicia a Madrid: o tren Alvia con saída de Ferrol ás 7,35 horas chegará a Madrid-Chamartín ás 15,45 horas con transbordo por estrada entre Ourense e Zamora. 

O Alvia con saída Lugo ás 10.50 horas chegará a Madrid- Chamartín ás 17.52 horas con transbordo por estrada entre Ourense e Zamora. 

O Alvia con saída de Pontevedra ás 14.00 horas chegará a Madrid-Chamartín ás 21,10 horas con transbordo por estrada desde orixe ata Zamora.

A conexión con Madrid estará cortada do 12 ao 14 entre Pedralba e...
Comentarios