Conmoción en Valga: "¿Que vai ser dos nenos?"

Os fillos serán custodiados pola irmá da avoa falecida
Veciños ante o precinto do triplo crime de Valga. GONZALO GARCÍA
photo_camera Veciños ante o precinto do triplo crime de Valga. GONZALO GARCÍA

Os veciños de Valga fanse este luns negro a mesma pregunta: "¿Que pasa agora cos dous irmáns de Valga?", dous nenos de 7 e 4 anos que quedaron sen a súa nai, sen a súa tía e sen a súa avoa. 

José Luís Abet, o pai dos pequenos, é o único arrestado por este crime. Disparou cunha arma curta primeiro á súa ex, Sandra B.J. e posteriormente fíxoo contra a súa exsogra e a súa excuñada, María Elena J.F. e Alba B.J., de 58 e 27 anos respectivamente, que se atopaban na leira da vivenda.

Paco, un dos aldeáns, relatou que isto "é unha desgraza" e explicou que non coñecía tanto ás vítimas porque "era xente que marchaba moi cedo a traballar e chegaban pola noite. O resto vémonos todos os días", dixo, e engadiu que "non hai palabras para definir isto, estou moi nervioso".

Nieves, ao seu lado, coincidiu en que "están moi consternados", porque isto normalmente veno en televisión, pero "agora vémolo no noso propio 'sangue', aquí nunha aldea de catro veciños, e é terrible, non sabes que pensar. ¿Como non se matou el e deixou vivas ás outras tres persoas?".

"É o que eu penso -agregou-. ¿E esas criaturas con quen quedan agora?, ¿que pasa cos nenos?", deslizou, unha pregunta que tamén se fan os demais.

Marcelina mostrouse igualmente moi aflixida: "Aínda me tremen as pernas, pero tampouco podo dicir moito máis. Non tiñamos moita comunicación, nin para ben nin para mal. E nada máis, deixan dúas criaturas", dixo coa voz entrecortada.

Como Jose, que o ve como "unha desgraza, é impensable", e que concretou que nunca vira nada raro ou "estraño" cando pasaba fronte ao domicilio dos feitos.

Co crime desta muller, son xa 41 as asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano e 30 (ao sumarse estes dous nenos) os menores que quedaron orfos.

Nin a excuñada nin a exsogra, tamén mortas, formarán parte das estatísticas oficiais.

Desde 2003, 1.016 mulleres foron vítimas mortais de episodios machistas.

Este é o segundo que se rexistra en Valga, un municipio de apenas seis mil habitantes, en 2019. O pasado mes de marzo un home matou a súa muller dun tiro cunha escopeta de caza -no lugar é unha actividade usual- e despois suicidouse.

NENOS. Os dous menores fillos da muller asasinada este lunes e do detido, que estaban divorciados, permaneceron na casa dun veciño durante a mañá do luns e, finalmente, por recomendación do equipo de psicólogos desprazado, serán custodiados pola irmá da avoa falecida.

O alcalde de Valga municipio, José María Bello, indicou á prensa que a decisión se tomou de acordo co equipo de psicólogos e que se descartou a opción da vivenda do seu avó posto que non se viu "acertado", dado que "alí faltan a súa avoa e a súa tía".

Mentres, os pequenos, que non sufriron danos físicos, estiveron en casa duns veciños, que teñen nenos que son amigos.

"Non había información de desavinzas" entre os pais dos cativos, tampouco unha vez iniciados os trámites de separación, subliñou o rexedor, visiblemente afectado.