lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

A cota de neve estará nos 1.200 metros este mércores en Galicia

Nieve en Piornedo. ANDREA ALONSO
Neve nos Ancares. ANDREA ALONSO

As temperaturas baixarán algo, con Vigo coa máxima (16 graos) e Lugo coa mínima (oito)

Galicia continuará na influencia das baixas presións situadas ao oeste de Fisterra durante este mércores. Os ceos estarán parcialmente cubertos, con choivas probables en calquera punto, aínda que máis frecuentes e intensas na franxa atlántica, que poderán vir acompañadas de aparello eléctrico.
 
Pola súa banda, as temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Entre o sete cidades, a máxima será de 16 graos en Vigo e a mínima de 8 graos en Lugo. A cota de neve estará nos 1.200 metros de altura.

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará de compoñente sur, con refachos fortes no litoral e zonas altas. De feito, haberá aviso amarelo por este motivo na costa coruñesa a partir de mediodía.

A cota de neve estará nos 1.200 metros este mércores en Galicia
Comentarios