jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

A cría de lobo mariño que apareceu en Malpica recuperarase no Igafa

O león mariño Barizo. XUNTA
O lobo mariño Barizo. XUNTA

Permanecerá entre tres e catro semanas nun tanque exterior de gran tamaño e despois embarcará para ser liberada en augas do Gran Sol

A cría de lobo mariño 'Barizo', que apareceu varada nas costas de Malpica o 6 de xaneiro, xa se atopa no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), dependente da Consellería do Mar, para a súa recuperación. 

O animal, de 110 centímetros de lonxitude e de 23 quilos de peso, foi trasladado á UCI de lobos mariños do establecemento veterinario do CEMMA, en Nigrán, tras comprobar que presentaba síntomas de desnutrición e afección respiratoria. 

Tras unha evolución favorable, mellorar o seu estado e comezar a alimentarse por si mesma, a cría foi trasladada ao IGAFA para continuar a súa recuperación. 

A cría do lobo mariño permanecerá entre tres e catro semanas nun tanque exterior de gran tamaño do IGAFA e será despois embarcada para ser liberada en augas do Gran Sol. 

A manutención e a atención sanitaria do mamífero correspóndelle ao CEMMA, contando coa participación voluntaria do alumnado e demais persoal do centro. 

Ademais, aproveitarase a estancia da cría de lobo mariño para formar aos estudantes en aspectos relacionados co coidado dos mamíferos mariños. Precisamente, durante a tarde os alumnados do Igafa reciben unha charla por parte do CEMMA. 

O Igafa xa participou na recuperación de oito exemplares de crías de lobos mariños nos anos 2013, 2014, 2016, 2017 e 2018. Estas colaboracións serven como actividade didáctica para a concienciación ambiental e de adquisición de coñecementos para o mantemento e a recuperación de especies mariñas. 
 

A cría de lobo mariño que apareceu en Malpica recuperarase no Igafa
Comentarios