Un cupón dedicado a Toques inaugura unha serie da Once sobre xentilicios "curiosos"

Cupones de la serie de la Once. EP
photo_camera Cupóns da serie da Once. EP

O cupón da Once iniciou un percorrido por algúns dos xentilicios "máis curiosos e rechamantes" nunha nova serie pertencente aos sorteos de domingo, que comezou este 1 de novembro cun dedicado aos nados e residentes no municipio coruñés de Toques

A Once asegura que con esta serie pretende "dar visibilidade a un bo número de localidades cuxos habitantes se chaman dunha forma curiosa ou singular". Deste xeito, os toquenses poden ver como "o seu xentilicio e a súa localidade percorren toda España". 

O cupón está ilustrado cunha fotografía do Dolmen Forno dos Mouros, "un dos máis fermosos e mellor conservados de Galicia", subliña a Once. 

A colección de cupóns continuará durante varios meses percorrendo decenas de localidades españolas con xentilicios curiosos que, en moitas ocasións, "serven para descubrir localidades cheas de historia, cultura e beleza", engade a entidade. Cojenses, moscones e osseños terán tamén o seu cupón.

Comentarios