Curtis decreta tres días de loito polos falecidos por inhalación de monóxido de carbono

O alcalde da localidade, Javier Caínzos, explicou que todos os veciños están "consternados" e "abatidos" por esta "traxedia de difícil explicación"
Vivienda en la que ocurrieron los hechos. EFE
photo_camera Vivenda na que ocorreron os feitos. EFE

O Concello de Curtis decretou tres días de loito polo falecemento de tres membros dunha familia nunha vivenda en Fisteus por intoxicación por monóxido de carbono debido ao uso dun xerador eléctrico durante un apagamento, segundo as primeiras investigacións. 

En declaracións a Europa Press, o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, explicou que todos os veciños están "consternados" e "abatidos" por esta "traxedia de difícil explicación", que afecta a unha "familia moi querida". 

Os falecidos son un matrimonio de octoxenarios, que foron localizados sen vida na súa cama na parroquia de Fisteus; e o fillo de ambos, de 52, que se atopaba nun garaxe no que estaba a funcionar un xerador de corrente a combustible, que se baralla como posible causa da intoxicación. 

Así, o rexedor explica que están "envorcados" en apoiar ao outro fillo da parella, que foi quen atopou os corpos ao achegarse ata a casa. O loito municipal —acordado por unanimidade— terá lugar desde este luns ata o día 26 ás 9.00 horas

O sábado sobre as 20.00 horas houbo un apagamento polo temporal, polo que se cre que se puxo a funcionar este xerador eléctrico, "coa fatalidade de que estaba no soto" e motivou a acumulación de monóxido de carbono que se propagou por toda a vivenda por unha escaleira interior". O rexedor informa de que desde o domingo restaurouse a subministración eléctrica a esa aldea e outras limítrofres. 

Comentarios