domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Unha das vítimas da agresión do sábado en Sanxenxo: "Estou atemorizada"

A agresión tivo lugar na sanxenxina Praza dos Barcos. GOOGLE MAPS
A agresión tivo lugar na sanxenxina Praza dos Barcos. GOOGLE MAPS

Unha das mulleres que foi agredida o pasado sábado por un veciño de Vilanova revela como se sente nunha entrevista concedida á TVG

"Atemorizada", así asegura sentirse unha das mulleres que foron agredidas en Sanxenxo o pasado sábado por un veciño de Vilanova de 29 anos e iniciais F.O.. "A verdade é que teño un cúmulo de sentimentos moi negativo. Estou triste, nerviosa, impotente...", confesou a vítima nunha entrevista concedida á TVG.

A moza explicou como foi o ataque. "O agresor increpounos na rúa. Empezou a meterse connosco, a insultarnos... Unha das miñas amigas díxolle que se largase, pero insistía. De súpeto xa lle soltou o primeiro golpe na cara e ela caeu. Eu fun detrás do e xa non recordo nada máis que ver a súa cara e a man levantada e xente levantándome do chan", relatou.

A muller agradeceu a axuda prestada pola xente que se atopaba na zona no momento da agresión. "A pesar do que vivimos, tivemos moita sorte poque había moita xente que nos axudou e evitou que a agresión fora a máis. Chamaron á Policía, á Garda Civil, ao 061. Estou moi agradecida a esas persoas", apuntou. 

Como consecuencia da agresión, a moza ten unha contusión con abrasión no costado e puntadas cada vez que respira, ademais de secuelas psicolóxicas.

INVESTIGACIÓN. A Garda Civil continúa investigando o caso. Está a solicitar información das testemuñas e veranse tamén imaxes de cámaras da zona.  O obxectivo é determinar con claridade o ocorrido, segundo trasladou este mércores, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba. 

"Este tema hai que tratalo con moita cautela. Hai denuncias cruzadas, das dúas mozas e da outra parte", indicou, antes de incidir en que a Garda Civil está a solicitar información antes de decidir se é un caso "que ten que pasar ou non a disposición xudicial". 

"Hai versións dunha parte e da outra que son contraditorias", esgrimiu. 

VERSIÓNS "CONTRADITORIAS". Tamén ratificou que hai denuncias "cruzadas" e que as versións "evidentemente son contraditorias". "Tamén as declaracións das testemuñas", apostilou. 

Finalmente, reafirmouse en que se trata dun caso que continúa sometido a investigación, polo que "non será ata que esta conclúa e solicítese información das cámaras de seguridade da zona" cando se determine se hai algún pase a disposición xudicial e quen dá este paso. 

Unha das vítimas da agresión do sábado en Sanxenxo: "Estou...