martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Denuncian a un condutor por ir ebrio, cun machete e por ter o carné, a ITV e o seguro caducados

A Policía Local de Vigo instruíu dilixencias na súa contra por delitos contra a seguridade viaria

Axentes da Policía Local de Vigo instruíron dilixencias xudiciais por delitos contra a seguridade viaria a un home de 61 anos, nacido en Ourense e domiciliado en Vigo, que deu positivo na proba de alcoholemia, que tiña o carné e o seguro e a ITV do coche caducados e que levaba no vehículo un machete de case 50 centímetros de folla.

Os feitos ocorreron sobre as 20.00 horas deste domingo, cando unha patrulla do Corpo Nacional de Policía solicitou a presenza da Policía Local na avenida de Ramón Neto, onde interceptaran a un condutor con síntomas de inxerir bebidas alcohólicas.

No lugar, realizóuselle ao home a proba de alcoholemia, na que deu positivos de 0,73 e 0,70 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Ademais, comprobouse que non tiña permiso de conducir por perder a vixencia, e que tiña o seguro caducado desde xuño de 2014 e a ITV desde maio de 2013. 

Por todo iso, instruíronselle dilixencias xudiciais por delitos contra a seguridade viaria. A maiores, localizouse na porta do condutor un machete de 49,5 centímetros, polo que foi denunciado ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra. 

Noutra orde de asuntos, ás 5,15 horas deste luns foi detido un home de 34 anos de idade, de iniciais F.J.S.S., nacido en Brasil e domiciliado en Vigo, ao que lle constaba un requirimento do Xulgado de Instrución número tres da cidade olívica por un quebrantamento de condena. 

Denuncian a un condutor por ir ebrio, cun machete e por ter o...
Comentarios