miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Descende o número de casos activos nas residencias galegas

Entrada del centro Doral Residencias de Mos. GSV
Entrada del centro Doral Residencias de Mos. GSV
Sanidade notificou catro novos positivos, seis altas e dous falecementos nas últimas 24 horas

As residencias de maiores de Galicia rexistraron este domingo 547 casos activos de coronavirus (4 menos que o sábado), dos que 362 son usuarios e 185 traballadores, ao rexistrarse 4 positivos, 6 altas e dous falecementos nas últimas 24 horas

Segundo os datos da Consellería de Política Social, engadíronse ao cómputo os casos de 3 usuarios do Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) Vigo II, e un empregado da DomusVi de Barbadás (Ourense).

Así mesmo, deuse a alta a 4 empregados da Ballesol de Vigo e a dous maiores da San Antonio de Beariz (Ourense).

O número de usuarios con covid-19 baixou a 362 (un menos), de modo que o maior brote está na residencia Vila do Conde de Gondomar (Pontevedra), con 110; seguida de Asilo de Vilalba, con 61; a Soremay de Pontevedra, con 40; a residencia Pontevedra de Vilaboa, con 37; a San Antonio de Beariz, con 16; a San Salvador de Guntín (Lugo), con 17; DoralResidencias de Mos (Pontevedra), con 15, e DomusVi de Ribadumia, con 15, entre outros focos.

EMPREGADOS. Os positivos entre empregados sitúanse en 185 (3 menos que o sábado), con 22 en Vila do Conde de Gondomar; 19 en Asilo de Vilalba; 17 en Soremay de Pontevedra; 14 na residencia de Vilaboa; 13 nos Miragres, de Barbadás; 13 en DomusVi de Ribadumia (Pontevedra), e 12 en DoralResidencias de Mos (Pontevedra), entre outros contagios.

En canto aos centros de discapacidade, o número de positivos é de 9 (un menos), dos que 4 son usuarios e 5 son traballadores.

Dos internos contaxiados, 3 están na DoralResidencias de Mos, e un no centro do Imserso de Bergondo (A Coruña); mentres que as instalacións de Mos contan con 2 empregados que teñen o virus.

Descende o número de casos activos nas residencias galegas
Comentarios