miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Detectan dez positivos entre os enfermeiros do hospital de Ferrol

Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. GSV
Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. GSV
Os traballadores foron substituídos e a planta está "a traballar con normalidade"

A Área Sanitaria de Ferrol confirmou este domingo o illamento de 10 profesionais de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario ferrolán tras obter resultados positivos por covid-19 nas súas correspondentes probas PCR. 

O departamento público valorou que as afectadas "pertencen á sétima planta de pacientes covid" do hospital público de Ferrol. "Están a cumprir a corentena correspondente e a planta está a traballar con normalidade", matizou.

Ao mesmo tempo, apuntou que os traballadores foron substituídos para que continuase a actividade habitual no recinto. Segundo a Consellería de Sanidade, "os casos fóronse sumando a través do rastrexo e investigación do brote".

A comarca de Ferrolterra alcanzou este domingo os 841 pacientes con infección activa por covid-19, dos cales 47 permanecen en planta de hospitalización do complexo ferrolán e 11 na súa Unidade de Coidados Intensivos.

Detectan dez positivos entre os enfermeiros do hospital de Ferrol
Comentarios