jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Prisión sen fianza para a muller que acoitelou á súa parella na Estrada

Guardia Civil. EUROPA PRESS
Guardia Civil. EUROPA PRESS
O home tivo que ser trasladado  "grave" ao hospital de Santiago con varias feridas de arma branca en pernas e abdome

O Xulgado de Instrución número 1 da Estrada decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para a muller detida por acoitelar á súa parella neste municipio pontevedrés. 

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), durante a instrución determinarase se a muller está investigada por homicidio en grao de tentativa ou por lesións graves. 
A muller foi detida o xoves despois de acoitelar á súa parella na vía pública no municipio pontevedrés da Estrada. O seu pase a disposición xudicial produciuse este venres. 

Segundo informan fontes próximas da investigación a Europa  Press, ás 22,17 horas do venres a Garda Civil recibiu aviso de que unha muller agredira con arma branca a un home tras unha discusión. A parella ten entre 55 e 60 anos. 

O home foi enviado ao PAC da Estrada e desde aí foi trasladado "grave" ao hospital de Santiago con varias feridas de arma branca en pernas e abdome. 

Prisión sen fianza para a muller que acoitelou á súa parella na...
Comentarios