Detido en Soutomaior por matar a súa irmá e súa sobriña cun arma de fogo

A discusión familiar puido iniciarse polo reclamo dunha escaleira que a vítima prestara ao arrestado días antes
Familiares del autor y víctimas del doble crimen de Soutomaior. RAFA FARIÑA
photo_camera Crime de Soutomaior. RAFA FARIÑA

Un home duns 55 anos, veciño do lugar de Chan do Coello, en Soutomaior, foi detido ao fío das 15.00 horas deste venres logo de acabar coa vida da súa irmá, Genoveva, de 62, e da filla desta, Noelia, de 23, tras dispararlles de socato cunha pistola. O dobre crime produciuse, segundo as primeiras hipóteses, cando Genoveva ía reclamarlle ao seu irmán Miguel (o detido) unha escaleira que lle deixara días antes.

As vítimas mortais residían en Vigo coa parella de Genoveva, que explicou a este xornal que non se esperaba tal reacción por parte do seu cuñado.

Outros veciños detallan que as consecuencias do consumo abusivo de drogas anos atrás farían efecto no investigado, o que lle provocou un estado de alteración tal como para cometer os homicidios.

A área permaneceu acordoada ata pasadas as 20.30 horas. A comisión xudicial ordenou o levantamento dos cadáveres ao fío das 19.30 horas.  O coronel do Instituto Armado en Pontevedra, Simón Venzal, desprazouse ao terreo desde as 18.00 horas para coordinar o operativo. 

O presunto autor do crime foi trasladado ao hospital para ser sometido a unha análise psiquiátrica  en canto foi detido.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, indicou que o arrestado vivía só nunha infravivenda que se atopa bastante retirada, en Monte do Coello, e que se construíu el mesmo. Asímismo, indicou que cando chegou a Policía, atopáronse ao home sentado nunha cadeira á beira dos cadáveres. Nese lugar produciuse o dobre crime.

TESTEMUñOS. Raquel, irmá dunha das vítimas e do presunto asasino de Soutomaior, sinala que aínda que a relación familiar non era moi estreita entre os irmáns, eles non eran persoas violentas. Non se explica o sucedido. "Paréceme incrible, de ciencia ficción, que tivese un arma de fogo", respondeu ao ser preguntada polos xornalistas sobre o crime. 

Pola súa banda, o viúdo da maior das falecidas, indicou que o detido era drogadicto e que estaba no punto de mira da Garda Civil. "Tíñao para metelo no calabozo", dixo. Con todo, recoñece que non era violento.