A Policía Nacional detivo en Vigo un mozo de 23 anos acusado de gravar as partes íntimas de varias mulleres por baixo da saia e colgar as imaxes nunha web de contido pornográfico, informaron fontes oficiais.
A investigación remóntase a xuño de 2018, cando varias mulleres denunciaron que alguén as gravaron por baixo da saia no transcurso dun evento celebrado na Coruña.
A Policía comprobou que o sospeitoso publicara varias fotografías de temática upskirter, que consiste en que os homes gravan mulleres sen o seu consentimento nin coñecemento por baixo da saia.
Ademais, achou outros tres vídeos de similar contido que foran gravados nun centro comercial de Vigo.
Unha vez identificado o sospeitoso, a Policía procedeu á súa detención e nun rexistro do seu domicilio interveu, entre outros efectos, un computador portátil no que estaban almacenados os vídeos en cuestión.
Detido en Vigo por gravar a mulleres por baixo da saia e colgalo nunha web
A investigación remóntase a xuño de 2018, cando varias mulleres denunciaron os feitos no transcurso dun evento celebrado na Coruña
