Detidos cunha machada tras fuxir dun control en Ourense e embestir á Garda Civil

Os dous arrestados pasaron este luns a disposición xudicial tras unha fuga de máis de 30 quilómetros

Lugar en el que se produjo la detención, en Xinzo. GC
Lugar en el que se produjo la detención, en Xinzo. GC

A Garda Civil de Tráfico detivo este domingo ao condutor e ao ocupante dun vehículo que se deron á fuga nun control de alcoholemia no Polígono Barreiros en Ourense, nunha fuxida de varios quilómetros na que impactaron contra un vehículo dos axentes. No automóbil levaban un coitelo e unha machada de grandes dimensións. 

Segundo informou a Garda Civil, os feitos producíronse ás 08.20 horas, nun dispositivo de verificación de alcoholemia instalado polos axentes Tráfico na N-525, no Km. 230, no Poligono Barreiros (Ourense), no que se deu o alto a un vehículo con matrícula portuguesa, que fixo caso omiso e deuse á fuga. 

Ante isto, avisouse a todas as patrullas da Garda Civil dispoñibles, co que o vehículo foi finalmente interceptado no km. 203 da Nacional 525 na entrada de Xinzo de Limia, tras embestir a un vehículo da Garda Civil desta localidade.

Na súa fuxida chegara a circular polo centro urbano de Allariz en dirección prohibida.  Nese momento procedeuse á detención do condutor, M.B. de 25 anos, e do ocupante, G.G. de 23 anos, como presuntos autores dos delitos de desobediencia, atentado a axentes da autoridade, seguridade viaria por resultado de drogas positivo e condución temeraria. 

No control de drogas o condutor deu positivo en cocaína e opiáceos. Dentro do vehículo a Garda Civil localizou unha machada e un coitelo de grandes dimensións. Os dous detidos teñen antecedentes en España e Portugal.