O Día do Pai e as Letras Galegas serán os festivos autonómicos en 2021

O 25 de xullo e o 15 de agosto caen en domingo
Calendario. EP
photo_camera Calendario. EP

O Goberno galego analizou este venres a proposta de calendario laboral para o próximo ano, na que elixiu o 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios autonómicos.

Tras a reunión semanal do Executivo autonómico, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que a Xunta optou polo 17 de maio, Día de Letras Galegas, en substitución do 15 de agosto, domingo, que será festivo en toda España.

Dado que os outros festivos autonómicos serán 6 de xaneiro (mércores) e o 1 de abril (Xoves Santo), o Goberno galego tivo que decidir que outra data propón como festividade autonómica entre o 19 de marzo (venres) e o 25 de xullo (domingo).

Dado que o 25 de xullo será domingo, polo que 2021 é Ano Santo, a Xunta inclinouse polo 19 de marzo, indicou en conferencia de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión semanal do seu Executivo.

Deste xeito, a falta da aprobación definitiva, e dos dous festivos locais que cada municipio determine, en 2021 serán festivas en Galicia as seguintes datas:

  • 1 de xaneiro (venres)
  •  6 de xaneiro (mércores)
  • 19 de marzo (venres)
  • 1 e 2 de abril (xoves e venres)
  • 1 de maio (sábado)
  • 17 de maio (luns)
  • 12 de outubro (martes)
  • 1 de novembro (luns)
  • 6 de decembro (luns)
  • 8 de decembro (mércores)
  • 25 de decembro (sábado)

Comentarios