jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

A docente da USC María José Alonso, distinguida coa Medalla ao Mérito en Investigación e Educación Universitaria

A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela, María José Alonso. EFE/Xoán Rei
A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela, María José Alonso. EFE/Xoán Rei
Pedro Duque destacou o seu traballo "sen descanso" para obter unha vacina contra o coronavirus

A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC e xefa do grupo Nanobiofar do CiMUS, María José Alonso, recibiu a Medalla ao Mérito na Investigación e na Educación Universitaria na categoría de Prata. Outorgado polo Goberno de España, este recoñecemento honorífico distingue a persoas e entidades que destaquen de modo eminente no desenvolvemento e fomento da educación universitaria e da investigación científica e técnica. 

O Consello de Ministros aprobou a concesión desta medalla en recoñecemento á traxectoria investigadora da profesora Alonso, destacando a súa "prestixiosa traxectoria no ámbito da investigación científica", á que o ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Pedro Duque, engadiu na súa intervención o "traballo sen descanso para atopar unha vacina contra a Covid-19". 

Ademais de María José Alonso, as Medallas recoñeceron na súa categoría de Ouro, a título póstumo, á investigadora e bioquímica Margarita Salgas e ao historiador Santos Juliá. Na categoría de Prata, tamén foron distinguidos os virólogos e investigadores do CSIC Luís Enjuanes e Mariano Esteban

A profesora María José Alonso agradeceu na súa intervención o recoñecemento e fíxoo extensivo a todos os seus compañeiros de profesión, afirmando sentirse "privilexiada por abordar o gran reto que representa o desenvolvemento dunha nova vacina" contra o coronavirus, insistindo que "a ciencia gañará a batalla". 

A docente da USC María José Alonso, distinguida coa Medalla ao...
Comentarios