A Audiencia de Pontevedra condenou a dous anos de cárcere a un pontevedrés de 58 anos por abusar sexualmente da sobriña da súa parella, unha nena menor de idade, no domicilio que compartía con a súa noiva.
A sentenza, divulgada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considera probado que o acusado levou á menor, que no momento dos feitos tiña 9 anos da casa da súa avoa paterna á súa para abusar sexualmente dela.
Nunha das habitacións da vivenda, diante da nena, espiuse e empezou a tocarse as súas partes íntimas. Tras vestirse de novo, o home sentouse na cama e propúxolle xogos á nena ata que, despois de pedirlle que non contase a ninguén nada do que pasara, invitouna a ver unha revista pornográfica con el, ensinándolle persoas que mantiñan relacións sexuais.
Ademais da pena de cárcere, o fallo decreta que o acusado non poderá achegarse a menos de 100 metros durante tres años e que a indemnice con 7.000 euros polos danos morais causados.
O xuízo, no seu día, celebrouse a porta pechada para preservar a intimidade da menor que, además, declarou a través de videoconferencia para non coincidir co acusado.
Dous anos de prisión para un pontevedrés que abusou da sobriña da súa parella
Os feitos ocorreron cando a nena tiña nove años de idade
