Dous feridos tras saltar un desnivel e envorcar sobre varios coches en Ribeira

Só un foi trasladado polos servicios sanitarios de urxencia a un centro médico
Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
photo_camera Estado no que quedou o coche sinistrado en Ribeira. TVG

Os dous ocupantes dun vehículo resultaron feridos de carácter leve esta madrugada a pesar de que saltaron un desnivel dunha estrada a outra e envorcaron sobre outros turismos que estaban estacionados en Ribeira (A Coruña), informa Urxencias.

O accidente aparatoso ocorreu cara ás 02:15 horas en Palma, onde o vehículo circulaba á altura da curva da Taravela.

Dos dous feridos, só un foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia a un centro médico.

Os axentes da Policía Local confirmaron no lugar do sinistro o aparatoso que fora e que, debido ao impacto, o vehículo perdera líquido que quedou espallado pola estrada, polo que os bombeiros procederon a limpala.

Sobre as 04:30 horas, os turismos danados foran xa retirados e a estrada quedou totalmente limpa.