
A Consellería de Medio Rural informou de que, sobre as 19,30 horas deste sábado quedou estabilizado un incendio rexistrado na parroquia de Filgueira, en Crecente, e que tamén afecta o municipio ourensán de Cortegada, á parroquia de Rabiño.
O incendio orixinouse sobre as 15,55 horas deste sábado e, segundo as primeiras estimacións, rolda as 20 hectáreas.
Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.
No control deste incendio traballaron ata o momento un técnico, oito axentes, 21 brigadas, 12 motobombas, dúas pas, sete avións e sete helicópteros.