lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Estudan a relación de dous focos de Covid-19 na Mariña que elevan os positivos a 18

Trabajos de investigación sobre el coronavirus. EFE
Traballos de investigación sobre o coronavirus nun laboratorio. EFE
"Hay dos núcleos en la Mariña que, posiblemente, estén relacionados", sostiene el conselleiro de Sanidade, que explica que el seguimiento a los afectados podría apuntar a un único foco

A Consellería de Sanidade, a través de Saúde Pública, estuda a relación de dous focos na Mariña que elevan os positivos no brote detectado a 18 casos positivos. 

Así o sinalou este venres o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ao comezo dunha rolda de prensa sobre os protocolos de seguridade para lecer nocturno e verbenas, na que indicou que o brote na comarca coruñesa de Barbanza "está controlado" e "non houbo ningún cambio" con respecto a xornadas anteriores. 

Con todo, en relación á zona da Mariña luguesa destacou que están "aínda na fase de control de contactos" e detectáronse "directos 11 casos" -en Xove-. 

"Hai dous núcleos na mesma Mariña que, posiblemente, estean relacionados", afirmou Almuiña, para puntualizar que o investiga Saúde Pública, "que poderían alcanzar un total de 18 (positivos) no brote" desta comarca lucense "se se confirman estes casos, que ata agora eran orfos, non tiñan ningunha relación causal co brote orixinal", puntualizou. 

"Estamos a facer os estudos de contactos e facendo probas diagnósticas", apostilou o titular de Sanidade en relación con este brote na provincia de Lugo. 

Con todo, o conselleiro subliñou que non se acabou "aínda" a crise sanitario. "Non vencemos a pandemia, estamos nunha situación epidemiolóxica boa", manifestou, para incidir en que Galicia se sitúa como "a segunda comunidade con menos incidencia acumulada" nos últimos 7-14 días. "Seguimos traballando por facer que esta situación sexa estable, pero o virus está a circular e buscando cidadáns sensibles", afirmou. 

Almuiña indicou que este venres Galicua rexistra 311 casos activos de Covid-19, ningún na UCI, dos cales catro corresponden a pacientes "en undiades de hospitalización e 307 en domicilio". "A día de hoxe levamos 409.000 probas diagnósticas, entre PCR e test serológicos", valorou. 

Estudan a relación de dous focos de Covid-19 na Mariña que elevan...
Comentarios