Falece aos 92 anos a nai da conselleira Rosa Quintana

A conselleira de Mar perdera hai un ano a seu pai

Rosa Quintana, este martes no pleno. PEPE FERRÍN (AGN)
Rosa Quintana. PEPE FERRÍN (AGN)

María Carballo Tesouro, nai da conselleira de Mar, Rosa Quintana, faleceu aos 92 anos de idade. A capela ardente quedou instalada nun tanatorio de Ourense. O enterro celebrarase este venres en Pereiro de Aguiar, onde repousan os restos do seu marido. Ambos os dous estiveron emigrados en Venezuela, onde naceu a súa filla.

Hai un ano, a conselleira perdera a seu pai, Servando Quintana, que falecera aos 88 anos en Brión, concello coruñés onde reside Rosa Quintana coa súa familia.

Tanto a conselleira de Mar como seu home, o odontólogo Jorge Ortega, e o su fillo, Marcos Ortega Quintana, están a recibir numerosas mostras de condolencia por tan irreparable perda.

Comentarios