Falece unha condutora de 85 anos nun accidente en Viveiro

A vítima foi trasladada inicialmente ao Hospital da Costa, onde perdeu a vida

Zona da LU-862 na que se produciu o accidente. GOOGLE MAPS
photo_camera Zona da LU-862 na que se produciu o accidente. GOOGLE MAPS

Unha muller de avanzada idade, veciña de O Vicedo, faleceu este luns nun accidente de tráfico ocorrido no municipio lucense de Viveiro. 

A condutora foi evacuada do turismo que conducía con feridas graves e foi trasladada ao Hospital da Costa, onde nada puido facerse pola súa vida.

O sinistro, que consistiu nunha colisión frontal cun camión, rexistrouse pouco despois das 9.30 horas á altura de Escourido, no quilómetro 81 da LU-862. Ao parecer, a condutora, que viaxaba en dirección Viveiro, invadiría o carril contrario.

Até a zona foron mobilizados os Bombeiros, dado que a vítima do turismo non podía saír do interior, bastante danado, polos seus propios medios. Ademais, foi atendida por persoal sanitario do 061. No operativo participaron tambén efectivos de Policía Local e Garda Civil.

Comentarios