Falece un home ao caer un camión con explosivos desde unha ponte en Portomarín

O condutor, de 41 anos, foi trasladado ferido ao Hula
Efectivos de la Guardia Civil inspeccionan los restos del camión siniestrado en Portomarín. EP
photo_camera Efectivos de la Guardia Civil inspeccionan los restos del camión siniestrado en Portomarín. EP

A saída de vía dun camión rexistrada na mañá deste mércores saldouse cunha persoa falecida e outra ferida no termo municipal de Portomarín. 

O ferido é o condutor do camión, veciño da Coruña. O falecido, de 42 anos e veciño de Ferreira de Pantón, viaxaba como acompañante.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, este sinistro tivo lugar uns minutos antes das 9.00 horas deste mércores na estrada LU-633, que vai de Portomarín ao alto do hospital. 

As mesmas fontes puntualizaron que a carga do camión, explosivos para as obras da A-54, non resultou afectada. Foron mobilizados o 061, os Bombeiros de Chantada, GES de Monterroso, Garda Civil e Protección Civil. 

En concreto, o 061 mobilizou unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, un helicóptero medicalizado e persoal sanitario do centro de saúde de Portomarín

O acompañante faleceu no punto, mentres que o condutor foi levado ao Hospital Lucus Augusti de Lugo, sinalaron fontes sanitarias. 

Comentarios