Falece unha muller cando se exercitaba nun ximnasio de Lalín

A vítima, de 40 anos, comezou a sentirse indisposta cando estaba a utilizar unha das máquinas do local

Unha muller de 40 anos faleceu na tarde-noite deste martes mentres realizaba exercicio nun ximnasio situado no centro urbano de Lalín.

A vítima atopábase nunha das bicicletas do local cando se empezou a sentir indisposta. Todo parece indicar que puido sufrir un infarto fulminante. As manobras de reanimación que lle foron practicadas resultaron en balde.