Un fallo informático impide dispensar receitas durante horas nas farmacias galegas

O problema, xa solucionado, afectou ao 60% das prescripcións médicas

Distintos medicamentos nunha farmacia. AEP
Distintos medicamentos nunha farmacia. AEP

Un fallo informático na plataforma que empregan as farmacias galegas produciu que durante unhas horas este luns non se dispesara o 60% das receitas. 

Segundo informou a Consellería de Sanidade, este problema produciuse polo "rendemento da base de datos" que retardou o funcionamento do sistema. 

Con todo, unha vez detectado o fallo na plataforma, pola tarde a incidencia xa estaba solucionada ao completo en Galicia, explica este departamento. 

Deste xeito, esta incidencia provocou que ao longo da xornada os usuarios só puidesen recoller o correspondente ao 40 por cento das receitas. 

Comentarios