viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Feijóo: "Os galegos non queremos que nos impoñan unha lingua, temos dúas"

Feijóo, este mércores no Congreso. PEPE FERRÍN (AGN)
Feijóo, este mércores no Congreso. PEPE FERRÍN (AGN)

O presidente da Xunta respondeu así a preguntas do PSdeG e o BNG sobre a axenda "recentralizadora" do PP de Pablo Casado en cuestións como a lingua

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu este mércores aos partidos que non convertan a lingua nun motivo de confrontación e asegurou que os galegos non queren que se lles impoña unha lingua determinada cando teñen dúas.

Durante a sesión de control no Parlamento galego, Núñez Feijóo asegurou, a preguntas de PSdeG e de BNG sobre a axenda "recentralizadora" do PP de Pablo Casado en cuestións como a lingua, entre outras, que en Galicia seguirán en vigor as leis actuais.

"O problema é intentar coller outra vez o idioma como unha arma arrolladiza, non conten connosco. Os galegos non queremos que nos impoñan unha lingua cando temos dúas", defendeu o presidente galego en resposta á portavoz do BNG, Ana Pontón.

Ademais, nunha resposta posterior ao portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reiterou que a política lingüística que vai seguir en vigor en Galicia é "a aprobada polo Goberno (galego) e o Parlamento (autonómico)".

"Fálame dunha lei que non existe", díxolle ao deputado socialista sobre a proposta de Pablo Casado sobre linguas e función pública en comunidades bilingües, e recomendou a ambos os portavoces que utilicen as "declaracións enteiras dos partidos", xa que, segundo defendeu, o líder do PP "dixo que o modelo de Galicia é o exemplo nas comunidades bilingües". 

Feijóo: "Os galegos non queremos que nos impoñan unha lingua, temos...
Comentarios