El tiempo
miércoles. 22.03.2023
El tiempo

Feijóo pide que os menores de dez anos non conten para o límite nas ceas de Nadal

Feijóo, durante a reunión do Consello. AGN
Feijóo, durante a reunión do Consello. AGN
Ao seu xuízo é mellor falar de limitar por unidades familiares e non por número de persoas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que a proposta que exporá para as festas de Nadal é que os menores de 10 anos non conten para o límite nas ceas familiares e que, ademais, este se estableza por unidades familiares e non por persoas.

Na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, na que anunciou a realización de cribados semanais nas residencias da terceira idade, en lugar dos actuais quincenais, defendeu que haxa un "marco común" para estas festas do Nadal, e que cada comunidade poida adaptalo á súa situación epidemiolóxica.

Ao seu xuízo é mellor falar de limitar por unidades familiares e non por número de persoas, porque, co límite que propuxo o Goberno de seis, poderían xuntarse ata tres familias de dúas persoas cada unha, o que supón máis risco de contaxio que se se xuntan dúas familias de seis persoas cada unha, que sumarían un total de doce.

Feijóo pide que os menores de dez anos non conten para o límite nas...
Comentarios