martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Feijóo quéixase de que os test rápidos de Sanidade non dan un diagnóstico "fiable"

Reunión del consello da Xunta. DAVID CABEZÓN
Reunión del consello da Xunta. DAVID CABEZÓN

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, queixouse este mércores de que os 58.000 test rápidos enviados por parte do Ministerio de Sanidade "non valen para facer un diagnóstico fiable" e, en consecuencia, non se poden utilizar como proba única, polo que en Galicia serán "complementados" con PCR, outro método máis lento para detectar o covid-19 e que demanda de persoal específico. 

"Pensabamos que eran definitivos e que só usándoos teriamos un diagnóstico fiable ao cento por cento, pero non é así. Facilitan unha aproximación ao diagnóstico, pero teñen que ser completados con PCR", esgrimiu Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo. 

O presidente incidiu en que este feito que el "descoñecía" –remarcou que pensaba que había que complementar con PCR os que desen un resultado negativo, pero que "cando daba un positivo era certo"– conduce a unha "velocidade insuficiente de diagnóstico". 

Como exemplo, apuntou ás residencias de maiores, que constitúen o "foco principal" de preocupación para a Xunta e onde –asegurou– "non se puido realizar un cribado masivo", cuestión que lamentou. 

"Gustaríanos recibir test rápidos cunha fiabilidade moi alta, pero mentres mantemos unha velocidade de diagnóstico instuficiente. Supoño que lle ocorre o mesmo ao resto de autonomías no conxunto do Estado", trasladou, para engadir que non é el "como presidente" se non "o comité clínico" o que chegou á conclusión de que estas probas rápidas son útiles para cuestións epidemiolóxicas, pero non dan un diagnóstico "fiable" en solitario. 

"IGUAL O SABÍA O PSOE". Preguntado sobre as manifestacións do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en relación a que Feijóo xa coñecía as caracteríasticas deste tipo de probas, respondeu que lle resultan "sorprendentes" estas declaracións. 

"Que lles pregunte aos microbiólogos (...) Igual o sabía o PSOE, pero non os presidentes que nos levantamos da conferencia (do pasado domingo), isto non foi nin comentado", asegurou. 

DAN "FALSOS POSITIVOS". Posteriormente, a preguntas dos xornalistas en relación a que el mesmo o pasado domingo admitiu que eran "test de apoio" e que facía falta PCR cando daba negativo, replicou que do que non era coñecedor é de que este test rápidos tamén podían "dar falsos positivos". 

"O que trasladei ese día é que o que entendiamos é que un test rápido, cando daba positivo, era certo, e cando daba negativo había que complementalo. Agora digo, cando dá positivo hai que complementalo igual. Non é un tema menor, non é moi aconsellable mesturar positivos sans con positivos enfermos", defendeu o mandatario galego. 

Neste escenario, subliñou que o Sergas, "por criterios de prudencia e protocolo clínico", complementará este test con PCR. 

Finalmente, tras confesar "certa decepción" polo ocorrido, insistiu en que son os expertos os que determinado que o test rápidos enviados non dan por si sos "diagnósticos fiables", senón que son útiles para completar a fiabilidade dos PCR –subliñou que pode superar o 95 por cento coas dúas probas– ou ben para realizar estudos epidemiolóxicos. 

Feijóo quéixase de que os test rápidos de Sanidade non dan un...
Comentarios